NAS 4 PROVINCIAS

Adianto de 2026 que chega con novidades

⚪11 Xaneiro - Trail Montes de Rois, nova proba oficial en Rois.
⚪31 Xaneiro - Trail Terras de Burón, o trail do Inverno, Fonsagrada.  🏆14 Febreiro - Castro Trail - Campionato de Galicia de Trailrunning Absoluto Individual, Sub23 e Másters 🏆8 Marzo - Trail Ribeiras do Tambre, Ames. Campionato de Galicia de Trailrunning Preclassic 🏆15 Marzo - Trail Laxe dos Bolos, Caldas de Reis. Campionato de España de Trailrunning Individual e por Clubs absoluto e masters (Short Trail) 🟡29 Marzo - Trail Cova da Bruxa, Muros. Serie OURO. Primeira proba puntuable por clubs 🏆12 Abril - Campionato de España por Federacións, Oviedo, Asturias. 🏆2 Maio - Campionato de España Vertical - Brañosera, Palencia 🏆3 Maio - Campionato de España Carreiras de Montaña - Aguilar de Campoo, Palencia 🟡10 Maio - Trail Vila de Cuntis - Serie Ouro, Segunda proba puntuable por clubs ⚪23 Maio - Trail Muiños de Riotorto - Serie Prata distancias Classic e Preclassic 🏆14 Xuño - Carreiras de Montaña de San Pedro de Rocas, Esgos - Campionato de Galicia por Clubs Absoluto e Promoción

Chega un ano con moitas novidades, en breve ampliamos información do calendario e tamén o resto de probas ouro, prata e campionatos: Vetical, Carreiras de Montaña, Maratón ou Ultra

Federación Galega de Atletismo

Galicia Trailrunning Series

CALENDARIO GALEGO 2025

PROBAS OFICIAIS DE TRAILRUNNING EN GALICIA: Deslízate entre os eventos, distancias, datas, tracks e todo o que precises. Lembra que o calendario galego convive co nacional e internacional. RESPECTAMOS AS COMPETICIÓNS OFICIAIS

Trail Cova da Bruxa

30 MARZO - MUROS

Ranking G1 para as modalidades classic con 3 carreiras e andaina, un clásico do trailrunning galego

O 28 de decembro o trailrunning galego terá a última cita do ano en Lousame, puntuable para os rankings classic e preclassic

TRAIL DE LOUSAME

Será un "multievento" comezando pola fin de semana da camiñada popular e "peketrail" o 14 de decembro... O día 28 será a COMPETICIÓN DE TRAIL donde os dous circuitos pecharán a fantástica tempada dos ranking Classic e Preclassic. Consulta a info no enlace de INSCRICIÓNS

A primeira do ano en ROIS

O trail Montes de Rois dará o pistoletazo de saída para as probas oficiais de trailrunning en Galicia. Será o domingo 11 de xaneiro

  • PROBA RANKING SERIE PRATA

  • Classic de 20k e Preclassic de 13k

  • Inscricións abertas ata o 7 de Xaneiro

  • Nova puntuación no TOP 10

  • Trails longo e curto + camiñada popular

31 XANEIRO - O TRAIL DO INVERNO

Nova proba desbloqueada na Fonsagrada - Serie Prata do Ranking Galego. O Trail do Inverno medra para evolucionar a súa maratón no Ultra do Inverno. 58 km nas terras de Burón, e por suposto as súas distancias classic e preclassic coa clásica homenaxe ás seimeiras da contorna.
Inscricións: https://inscripciones.empa-t.com/inscripcion/trail-terras-de-buron-2026/ 

ULTRA

58k +3000

CLASSIC

30k +1650 

PRECLASSIC

18k +1000

CAMPIONATO ABSOLUTO

Renóvase o Castro Trail para o Campionato Individual

En xogo os títulos individuais absolutos, sub23 e masters en trazados esixentes pero fermosos da man do Castro Trail que será decisivo para conformar a selección galega.

A mellor forma de dar entrada ó entroido é nos montes de Barbadás, donde a renovación do circuito será decisiva e de valorar para adapta

Castro Trail

O trail das carballeiras

CAMPIONATO PRECLASSIC - 8 MARZO - AMES

8k

Campionato Preclassic individual. Distancia curta do Trail Ribeiras do Tambre

+380

Trazado con máis positivos que negativos, perfil ascendente

2 DISTANCIAS

TRAIL LARGO 16K + TRAIL CURTO 8K que será o preclassic + Camiñada popular. Meta no Real Aero Club

CAMPIONATO DE ESPAÑA SHORT TRAIL

CALDAS DE REIS acollerá o 15 de marzo -  www.laxedosbolos.es será individual e por equipos nunha distancia de 43k +info nos botóns:

MARATÓN 43K

Trail 20k

Trail 8k

Escolares (14marzo)

V TRAIL COVA DA BRUXA

SERIE OURO - Multiplica x5 os teus puntos individuais e os do teu CLUB

  • Ranking Classic no trail longo (+clubs)

  • Ranking Sub 23 no trail de 15 km

  • Ranking Preclassic en 9k para sub18 e sub 20(+clubs)

  • Ranking sub 16 no mini trail do sábado

  • Dúas xornadas de competición e emoción

Trail Vila de Cuntis - G3

Arranca Maio por todo o alto despois do nacional vertical e carreiras de montaña: O día 10 Cuntis será o epicentro do trailrunning galego

154

days

:

06

hours

:

38

minutes

:

56

seconds

Trail dos Muiños - Riotorto

Unha proba feita con mimo, mesturando o interior da provincia de Lugo nunha maxia de souto, rio e corredoira enxebre.

23 Maio - Serie Prata

Incorpórase ó calendario como serie prata para as modalidades CLASSIC e PRECLASSIC

CAMPIONATO DE CLUBS - ESGOS

Campionato renovado: classic e preclassic. Formato Mountain Classic en Esgos

As Carreiras de Montaña de Esgos, co seu icónico mosteiro de Rocas serán o novo escenario do Campionato de Galicia por Clubs. Contará tamén con probas abertas a todo o mundo. Será campionato preclassic e tamén absoluto.

2

Distancias

1&1

Mountain Classic

12

Podios en Xogo

+300

Puntos ó ouro

Campionato Vertical - 6 Setembro

Volve o Sacauntos, en Vilamartín de Valdeorras

Restauración despois dos incendios

Grazas ó traballo de restauración forestal levado a cabo polo concello de Vilamartín de Valdeorras estase a recuperar a zona, a vexetación e os sendeiros para  ofrecernos o Campionato de Galicia de Subida vertical o vindeiro 6 de setembro, para todas as categorías, tanto absolutas como de promoción

CALENDARIOS SUPERIORES

Competicións nacionais, internacionais e moito máis

Lembra que coa túa licenza terás acceso a unha gran cantidade de competicións. Campionatos de España, citas de calendario nacional, internacional, series mundiais e unha gran diversidade de citas de trailrunning

Tamén dispós de unha gran cantidade de competicións por categorías, tanto de promoción como Masters sexa cal sexa o teu nivel.

Desfruta e Compite

Coa túa licenza de #trailrunning