Paixón polo Trail Running
Actualización cada 15 días
Puntúas por rendemento, ou por tempo ou por posición. Mái xusto
Campionatos, Serie Ouro ou Serie prata son as "divisións" en Galicia
En 2026 abrimos o calendario nacional de trailrunning co Campionato de España en Caldas de Reis, donde os seus 43 km darán o título "Short Trail" e prazas para o Europeo. Tamén estrenamos denominación, os campionatos de Galicia estarán identificados de forma xenérica mentres que por outro lado contarás coa Serie Ouro e a Serie prata:
Serie Ouro
01
Multiplica x5 os teus puntos. Só pode haber unha proba "Gold Label" por trimestre. E moi importante... tamén puntúas como club xa que a serie ouro tamén suma puntos ó ranking de clubs. ¡¡Mais emoción!!
Serie Prata
02
A serie prata achégate á competición federada. Conseguirás mellorar a túa posición no ranking e atoparás moitos eventos moi preto de ti. Desde a Base ata os absolutos. ¿¿Sabías que este ano se flexibiliza un 10% o seu criterio de desnivel para que poidan sumar en beleza??
Campionatos
03
Multiplican x10 os puntos nas súas divisións. A nivel individual poderás atoparte o Vertical, Carreiras de Montaña, Trailrunning Classic, Short Trail (maratón) ou Long Trail (ultra). Tamén o campionato de clubs, que este ano será máis amable e puntuará x3 no ranking individual
Are you looking for to be more productive and meet cool people?
Categorías sub 16 ata sub 20 - Dispoñen dun plan de seguimento anual en probas, asesoramento, análise en competición e tamén un mínimo de 2 xornadas anuais. 2025 realizouse en Fonsagrada e Caldas de Reis
Unha tempada apaixoante, donde percorreremos toda a xeografía galega e tamén nos mediremos en competición nacional e internacional. ¡A POR ELO!
Medrando desde a base. O futuro do trail running galego mídese cos mellores corredores de montaña sub18 mundiais.
Victoria por equipos na XVII Copa do Mundo Sub 18 de carreiras de montaña, no 40º Aniversario da especialidade.
O trail galego contaba con dous representantes, Sandra González e Asheber Díaz.
En mulleres, triunfo da selección española, pechando equipo Sandra González, cun 12º posto na copa do mundo. ¡NORABOA!
Na carreira masculina o primeiro español en meta era Asheber Díaz, cun 10º posto. 8º posto por equipos.
¡ NORABOA DEPORTISTAS !
Por primeira vez Galicia estará presente no combinado nacional, nesta ocasión nos Campionatos de Europa que se levarán a cabo en Annecy, Francia.
Asheber Díaz e Sandra González son os seleccionados, para competir en Vertical (uphill) e Carreira de Montaña (up&down) nas probas Sub20.
Os 'Europeos' despútanse en 3 modalidades: vertical, mountain classic e trail race, donde as dúas primeiras contan con categorías promo.
Competirán o venres 31 de maio en uphill e o domingo 2 de xuño Classic
A deportista da EA.Lucense estaba inicialmente tamén convocada, pero por dificultades de axenda académica víase obrigada a renunciar. A boa saúde do trail running galego fixo que a seguinte praza fóse cuberta por Sandra, que casualmente tamén é compañeira de equipo.
Presidente da FGA
A aposta da FGA polo trailrunning é completa, desde a formación ata a competición
"Iván Sanmartín"
A aposta da FGA polo trailrunning é completa, desde a formación ata a competición
"Iván Sanmartín"
Desde o seu nomeamento no ano 2023 Iván Pablo Sanmartín Carreira confiou no desenvolvemento do atletismo galego en tódalas súas disciplinas e modalidades.
"O trailrunning forma parte desta aposta, donde desde a FGA poñemos tódalas ferramentas posibles para o desenvolvemento do mesmo, desde a base con plans de formación ata a competición a través de proxectos de tecnificación e consolidación"
No ano 2022, liderados por Iván Sanmartín, foi a primeira ocasión na que a FGA estivo presente no Campionato de España de Trailrunning por Seleccións, un feito que se repetíu en 2023 e que nos outorgou as nosas primeiras dúas medallas no ano 2024.
Sesion técnica de trailrunning con deportistas sub16 a sub20 seleccionados por ranking e deportistas da selección absoluta. Realizada en Chantada seguindo o percorrido do Heroica Sacra + Camiño Santiago.
Dende a iniciación á competición.Respecta cada etapa, aprende, decubre, desfruta e compite.
Trail Running e Mountain Running ó teu alcance. Tódalas modalidades teñen competición de base agás "Maratón" e "Ultra" . Hai máis modalidades como trailrunning por etapas, relevos, equipos mixtos ou 'mountain running' como o "long distance". Concentramos o ranking galego en estas modalidades:
É moi importante diferenciar o que imos gastar (funxible) do que quizáis non gastemos pero que SI necesitamos. A seguridade comeza cunha boa planificación. ¡Acompáñate sempre do material necesario, o material auxiliar! Revisa o material antes de sair, adestra con seguridade.
Coñece a licencia de Trail, tamén válida para ruta, que che permite adestrar segur@ tanto en cidade como en montaña.
España, Portugal, Marrocos, Pirineos... son exemplos da ampla cobertura que terás coa licencia A2
O primeiro paso é a prevención: escolle a túa ruta, o teu material, trazado, alternativas, meteoroloxía, bebida, comida... PREVISIÓN: o primeiro paso para correr e desfrutar da montaña
Cobertura Sanitaria. Participa en TRAIL e tamén ruta. Participa en Campionatos OFICIAIS. Aspira á SELECCIÓN GALEGA
www.atletismo.gal
F.G.A.