FGA
Circular FGA
RANKING
Tipos e clasificación de probas
Puntos por proba e posto
Publicación do ranking
Solicitude de carreiras / probas
O Trail Running significa correr por sendeiros, en calquera contorna natural, podendo ser montaña, deserto, bosques, praias, chairas... Sempre sobre un percorrido ben marcado e sinalizado, coidando o entorno natural. Para a práctica desta disciplina precisarase dunhas aptitudes específicas así como en moitos casos un mínimo material para garantir as condicións de seguridade. Especialidades: O Trail Running é unha especialidade deportiva do atletismo, que conta co recoñecemento do Consello Superior de Deportes, figura nos Estatutos da FGA, RFEA e está recoñecida no regulamento de competición de World Athletics (WA).
Son as competicións que teñen lugar nunha variedade moi ampla de terreos (terra, bosque, camiño nevado, sendeiro, etc.) nun entorno natural aberto, como por exemplo montañas, desertos, bosques ou chairas; sen circuito, descorre fóra das estradas e zonas asfaltadas, anque poden ser empregadas como zonas de paso para unir sendeiros da carreira. O percorrido estará marcado de tal xeito que non se requiran habilidades de orientación por parte dos atletas, sen límite de distancia nin na ganancia ou perda de altitude, adaptándose á contorna natural. Deben basarse no concepto de autosuficiencia, donde os atletas deberán ser autónomos a nivel de equipamento, comunicación, comida e bebida entre as estacións de axuda (abastecementos)
Falamos de aquelas competicións “en subida” e “en subida e descenso” celebradas xeralmente en zonas de montaña (non exclusivamente), cunha ganancia ou perda de elevación entre 59 e 240m por quilómetro, cunha distancia máxima a percorrer ata 42,2 km. Unha das modalidades máis antigas e arraigadas do atletismo mundial, con campionatos e Copa do Mundo que albergan probas icónicas como Sierre Zinal, trofeo Nasego ou xa recentemente Canfranc, no Pirineo Español
Na actualidade despútanse os campionatos do mundo organizados por World Athletics, que en 2023 tiveronn lugar en Innsbruck (Australia), os 2023 World Mountain and Trail Running Championships, donde participará a Selección da Real Federación Española de Atletismo nas 5 especialidades en liza: Trail Longo, Trail Curto, Montaña “Classic”, Montaña en subida e Junior Mountain Classic. CANFRANC SERÁ A SEDE DO MUNDIAL DE MONTAÑA E TRAIL RUNNING EN 2025
De un vistazo rápido, a normativa básica, as modalidades e os beneficios
De xeito rápido accede ó regulamento galego do Ranking e características dos nosos eventos; o regulamento de Trail Running da RFEA (world athletics) e a normativa medioambiental para atletas e organizacións
FGA
Circular FGA
RANKING
Tipos e clasificación de probas
Puntos por proba e posto
Publicación do ranking
Solicitude de carreiras / probas
RFEA
Regulamento
Trail Running
Regulamento Oficial RFEA
Tódolas tipoloxías de probas
Normativa aplicable
En vigor desde 2020
RFEA
Medio Ambiente
Natureza
Normativa ambienta
Protocolos básicos
Guía para balizamento
Mínimo impacto