Bronce Ultra para Adolfo Garrido

Desenrolo magnífico o do atleta do Burgas Ourense, facéndose co bronce M55 no Campionato de España Ultra, desputado na Falco Trail, en Cehegín, Murcia. 
Tra-la carreira impresionante desputada en Canfranc, ás portas do podio na long distance, Adolfo "Fito" sacouse a espiña por todo o alto no Campionato de España Ultra, cun tempo de 10h53'30''
¡NORABOA!

GALA ANUAL TRAIL RUNNING

En breve daremos a coñecer toda a información, protocolos, candidaturas, data, sede... 

¿Queres presentar candidatura?

Se organizache evento, formación, campionato ou queres apoiar unha candidatura permanece atento. En decembro publicaremos tódalas bases.

BRONCE EUROPEO

Mountain Classic: bronce por equipos masculino e 4º feminino

VIDEOS 'RECAP' CHANTADA E A POBRA

Video 1: Sesión técnica Chantada
Video 2: Recap XI Trail Serra do Barbanza

CONCENTRACIÓN TÉCNICA EN CHANTADA

🏃‍♀️O Trail Running galego visita Chantada. 👉 Desde sub 16 ata sub 20 convocados por postos do ranking galego, así como membros da selección galega absoluta. Realizouse un percorrido polos canóns do miño, en plena Ribeira Sacra segmentando os distintos aspectos: velocidade vertical, análise técnico, mecánico, métrico, velocidade de reacción e adecuación así como propostas técnicas enfocadas ó perfeccionamento na disciplina do Trail Running. 🎞️Nos vindeiros días desfrutaremos da reportaxe da sesión 👏 Agradecemento especial ó concello de Chantada facilitando o acceso a instalacións e a preparación da ruta

A inspiración dende a base: rubo ó campionato de Europa e a Copa do Mundo

👉Palencia (na Montaña Palentina, Aguilar de Campoo) acollerá a concentración previa ás dúas citas máis importantes do ano para os nosos deportistas donde por primeira vez Galicia estará presente. Asheber Díaz, Emma Méndez e Sandra González están convocadas do 3 ó 5 de maio.

📌Esta convocatoria será a antesala para coñecer os nosos representantes no Campionato de Europa que se levará a cabo en Annecy (Francia) do 31 de maio ó 2 de xuño 🏆Asheber e Sandra optan tamén á Copa do Mundo de Mountain Running Sub18, que se desputará en Palencia os días 21 e 22 de Xuño

CTO. ESPAÑA VERTICAL + CARREIRAS DE MONTAÑA

Gran actuación do combinado galego con dúas medallas en vertical: Rebeca Mariño prata F40 e Emilio Montilla Bronce M55 quedando Eloy en Sub 20 ás portas do podio.
4 metais no Campionato de España de Carreira de Montaña con Ahseber Díaz campión de España sub 18; Emma Méndez, subcampioa sub20; Sandra González bronce sub 18 e Montilla subcampión M50.

3 prazas para a Selección Española

Asheber logra praza directa para a Copa do Mundo U18 mentres que o mesmo, Emma e Sandra están en postos seleccionables para os Campionatos de Europa

CAMPIONATO DE ESPAÑA (OJÓS)✨

Sandra González faise co subcampionato de España sub 18, case asegurándose a praza no Europeo así como o bronce promesa. O equipo Sub 23 masculino, acada o bronce por seleccións (2 en top10) Bronces master de Rebeca Mariño e Adolfo Garrido 4ºs postos de Fico Losada, Bea Barroso, Eloy Martínez...

SELECCIÓN GALEGA 2024

Selección Galega para o campionato de España de Trail Running por seleccións, desputado en Ojós, Murcia, o 10 de marzo, proba clasificatoria para o campionato de Europa

COÑECE OS NOSOS CLUBS CAMPIÓNS

CLUBS CAMPIÓNS DE GALICIA 2024

CAMPIÓNS ABSOLUTOS

C.D. BIOSBARDO

CAMPIOAS ABSOLUTAS

ATLETISMO PORRIÑO

SUBCAMPIÓNS ABSOLUTOS

ATLETISMO PORRIÑO

SUBCAMPIOAS ABSOLUTAS

SD COMPOSTELA

3º MASCULINO

ATLETISMO CAMBADOS

Harry Hill

C.D. BIOSBARDO

NOVAS E NOVOS CAMPIÓNS GALEGOS

Medallistas campionato Galego Trail Running Classic

ABSOLUTO FEM

1. Lupe Rubio 2. María Martínez 3. Lucía Quintela

ABSOLUTO MASC

1. Aythami López 2. Rubén Insua 3. Rubén Gómez

SUB 23 MASC

1. Hugo García 2. Martín Barreiro 3. Pablo Fernández

SUB 20 MASC

1. Eloy Martínez 2. Miguel Alvariño 3. Hugo González

SUB 20 FEM

1. Emma Méndez 2. Julia Salvado 3. Vat

SUB 18 MASCU

1. Jesús García 2. Brais García 3. Lucas Ribó

SUB 18 FEM

1. Sandra González 2. Eva Formoso 3. Sabela Tuñas

SUB 16 MASC

1. Miguel A. Castro 2. Nicolás Lorenzo 3. Gonzalo Ramos

SUB 16 FEM

1. Paula Fernández 2. Lucía Taboada 3. María González

Sesión Técnica Barbadás

A localidade ourensá acollerá o sábado 18 de novembro unha nova xornada técnica dirixida polo responsable do sector.

  • Inicio ás 9 horas

  • 80' aprox sesión práctica

  • Calzado e material axeitados

  • INSCRICIÓNS NA LIGAZÓN

Sesión técnica en Culleredo: Monte Xalo

O 9 de Outubro estivemos no Monte Xalo, dentro das xornadas técnicas do sector de Trail Running. Esta serie de xornadas van enfocadas a aspectos didácticos e metodolóxicos que axudarán a deportistas, adestradores e equipos con ferramentas de traballo aplicado e pautas para unha transferencia e evolución progresivas. Entran dentro do compromiso desta FGA dunha vida deportiva longa e saudable. A seguinte sesión está calendada o 18 de novembro correspondente á delegación de Ourense

SESIÓN TÉCNICA

Monte Xalo, dende a Torre de Celas, CULLEREDO

PROGRAMA Sesión técnica o luns, 9 de febreiro ás 19 horas. Monte Xalo en Culleredo. - Punto de saída, parque de Celas - Ruta sinxela de 6,5k e 500 positivos - IMPORTANTE PUNTUALIDADE Contidos da sesión: - Mecánica e biomecánica básicos do trailrunning - Métodos didácticos aplicados en ascenso e descenso - Transferencia de aprendizaxes - Trail running lúdico: o xogo aplicado FIN SESIÓN CON CHARLA: 20:15 no parque de Celas - Métodos de traballo grupal e individual - Hixiene postural, saúde e seguridade - Consultas varias

Sesión Dirixida por Iván Sangiao, responsable de Trail Running da FGA, especializado en metodoloxía, didáctica e atención á diversidade pola UCJC desde 2009

Último día de confirmación, sábado 7 de outubro

https://forms.gle/LDiNrAj55kSfjusg8

Sesión Técnica en Porriño

O pasado luns 25 de setembro, Porriño acolleu unha nova sesión, coa colaboración do Club Atletismo Porriño, donde seguimos centrados na metodoloxía e didáctica do trailrunning, incluíndo aspectos biomecánicos e técnicos da modalidade. A sesión contou con máis de 20 participantes e tamén coa presencia do  Presidente da FGA Iván Sanmartín e o Delegado de Vigo David Posada.

Formación permanente

O sector de trail, baixo a supervisión da dirección técnica está levando a cabo tarefas formativas, informativas e técnicas na xeografía galega, distribuídas por delegacións. Peñemos á disposición de atletas, adestradores, clubs... ferramentas metodolóxicas, didácticas e técnicas para a mellora, perfeccionamento e desenrolo de todo o sector do trail en Galicia. Xa están realizadas nas zonas de Lugo e Santiago de Compostela. Próximamente Pontevedra/Vigo, Ourense e Coruña/Ferrol.

Tecnificación deportiva

A direción téncica está ultimando o proxecto de tecnificación deportiva, destinado a potenciar o trail nas idades base e de promoción, establecendo uns criterios de transferencia de aprendizaxe claros así como unha programación específica para o sector.

As nosas probas

Tódalas probas do Galicia Trail Series contarán cos máximos estándares de calidade para o trailrunning, serán requisitos indispensables para estar no calendario ó tempo que desde esta FGA se axudará a cubrir as necesidades de organizadores e deportistas.

Sostibles

Certificadas

Seguimento

GAL & G3

G1

PROBAS SOSTIBLES

Tódalas nosas probas cumprirán a normativa ambiental, ó tempo que estar no Galicia Trail Series implica, dependendo da categoría da proba, esixencias e beneficios: Abastecementos sostibles, balizaxe reutilizable, plan de xestión de residuos, plan de redución de emisións...

DESTACAMOS

TOTAL

Plan de xestión de residuos

100&

Abastecementos sostibles

100&

Plan de redución de emisións

100%

Balizaxe reutilizable

50%

¿QUERES SOLICITAR UNHA ACTIVIDADE OU FORMACIÓN?

LICENCIAS DE TRAIL RUNNING

Prezos segundo cobertura das licenzas de ruta e trail running.