A localidade ourensá acollerá o sábado 18 de novembro unha nova xornada técnica dirixida polo responsable do sector.
Inicio ás 9 horas
80' aprox sesión práctica
Calzado e material axeitados
INSCRICIÓNS NA LIGAZÓN
O 9 de Outubro estivemos no Monte Xalo, dentro das xornadas técnicas do sector de Trail Running. Esta serie de xornadas van enfocadas a aspectos didácticos e metodolóxicos que axudarán a deportistas, adestradores e equipos con ferramentas de traballo aplicado e pautas para unha transferencia e evolución progresivas. Entran dentro do compromiso desta FGA dunha vida deportiva longa e saudable. A seguinte sesión está calendada o 18 de novembro correspondente á delegación de Ourense
PROGRAMA Sesión técnica o luns, 9 de febreiro ás 19 horas. Monte Xalo en Culleredo. - Punto de saída, parque de Celas - Ruta sinxela de 6,5k e 500 positivos - IMPORTANTE PUNTUALIDADE Contidos da sesión: - Mecánica e biomecánica básicos do trailrunning - Métodos didácticos aplicados en ascenso e descenso - Transferencia de aprendizaxes - Trail running lúdico: o xogo aplicado FIN SESIÓN CON CHARLA: 20:15 no parque de Celas - Métodos de traballo grupal e individual - Hixiene postural, saúde e seguridade - Consultas varias
Sesión Dirixida por Iván Sangiao, responsable de Trail Running da FGA, especializado en metodoloxía, didáctica e atención á diversidade pola UCJC desde 2009
Último día de confirmación, sábado 7 de outubro
https://forms.gle/LDiNrAj55kSfjusg8
O pasado luns 25 de setembro, Porriño acolleu unha nova sesión, coa colaboración do Club Atletismo Porriño, donde seguimos centrados na metodoloxía e didáctica do trailrunning, incluíndo aspectos biomecánicos e técnicos da modalidade. A sesión contou con máis de 20 participantes e tamén coa presencia do Presidente da FGA Iván Sanmartín e o Delegado de Vigo David Posada.
O sector de trail, baixo a supervisión da dirección técnica está levando a cabo tarefas formativas, informativas e técnicas na xeografía galega, distribuídas por delegacións. Peñemos á disposición de atletas, adestradores, clubs... ferramentas metodolóxicas, didácticas e técnicas para a mellora, perfeccionamento e desenrolo de todo o sector do trail en Galicia. Xa están realizadas nas zonas de Lugo e Santiago de Compostela. Próximamente Pontevedra/Vigo, Ourense e Coruña/Ferrol.
A direción téncica está ultimando o proxecto de tecnificación deportiva, destinado a potenciar o trail nas idades base e de promoción, establecendo uns criterios de transferencia de aprendizaxe claros así como unha programación específica para o sector.
Tódalas probas do Galicia Trail Series contarán cos máximos estándares de calidade para o trailrunning, serán requisitos indispensables para estar no calendario ó tempo que desde esta FGA se axudará a cubrir as necesidades de organizadores e deportistas.
Tódalas nosas probas cumprirán a normativa ambiental, ó tempo que estar no Galicia Trail Series implica, dependendo da categoría da proba, esixencias e beneficios: Abastecementos sostibles, balizaxe reutilizable, plan de xestión de residuos, plan de redución de emisións...
DESTACAMOS
TOTAL
Plan de xestión de residuos
100&
Abastecementos sostibles
100&
Plan de redución de emisións
100%
Balizaxe reutilizable
50%
Prezos segundo cobertura das licenzas de ruta e trail running.