CLASSIC FEMININO

Continúa o liderato de María Martínez, seguida por Tamara García con vitoria na Baña e logo de proclamarse campioa galega de Carreiras de Montaña. Rosa Araújo, sendo unha das corredoras máis estables mantense no TOP3, seguida pola irrupción de Lucía Peón que está nunha tempada espectacular despois de gañar en Moraña e Muras e pechando Carla Trillo o Top5.

CLASSIC MASCULINO

Volve ó alto do ranking Martín Fontán, cunha vitoria incontestable nas Carreiras de Montaña do Courel. O Ranking continúa liderado por Fico Losada, seguido polo seu compañeiro Biosbardo, Marcos Pascual. Xandre otero mantense no ranking mentres Jaime García, do atletismo Narón chega con forza.

Lideres Preclassic, unha canteira que inspira

Hugo García lidera as categorías masculinas, sendo a sub23 a única que compite contra as divisións absolutas. En homes, o corredor independente, Eloy Martínez lidera sub20, mentres que o independente Diego Ferreira sub18 e Tomás Bautista, do Porriño completan os líderes

En mulleres trío de ferro do "Compos" composto por Julia Salvado en Sub20, Xulia Vidal en Sub18 e Lucía Taboada en sub16. 

Categorías Master

Un orguio a súa loita e entrega en cada proba: Rosa e Martín en M35; Bea e Marcos en M40, Lucía e Fico en M45, Pili e Elpidio en M55, Raquel e Monti en M55, MªJosé e Satur en M60, Araceli e Manu en M65 e Tomás en M75... ¡¡Enormes tod@s!!

NOVA PUBLICACIÓN O DÍA 05 DE DECEMBRO - RANKING MARATÓN E ULTRA..... ¡¡PROMETE EMOCIÓN!!

RANKINGS GALEGOS OFICIAIS

PINCHA no logo e descarga actualizado o ranking en pdf con tódolos resultados oficiais

AS MODALIDADES RANKEABLES

Descubre cómo funciona

Competicións

Segméntanse as competicións por modalidade. Vertical, Classic, Maratón ou ultra para Trail. Modalidades Subida "Uphill" e Subir-Baixar "Up&Down" para Carreiras de Montaña.

Puntos Scratch

Puntúas por entrada en meta (ver circular) e acumulas os mesmos puntos na clasificación absoluta e tamén na túa subcategoría, sempre dentro da modalidade desputada.

TOP

Estar nos postos altos do Ranking darache acceso á Selección Galega, probas, convocatorias e moitos máis beneficios.