CLASSIC FEMININO

Continúa o liderato de María Martínez, moi consolidada na modalidade Classic. Continúa á alza Lucía Peón, con grandes carreiras, ó igual que Beatriz Barroso. Irrumpe por primeira vez no TOP 5 María Frey, con 5 vitorias consecutivas, xunto coa súa compañeira Tamara García, que pecha o TOP5.

CLASSIC MASCULINO

Voan os coitelos para estar no TOP 10 e non digamos no TOP5... Fico Losada recupera o liderato despois de Cova da Bruxa, seguido de Rubén Insua, que está amosando unha tempada excepcional. Marcos Pascual deixa as súas molestias atrás para poñerse 3º mentres que o vixente Campión Galego, Xandre Otero mantén o 4º posto. Pola súa banda Elpidio Gómez tira de galóns e entra no TOP5 por primeira vez 

Lideres Preclassic, unha canteira que inspira

A Escola Atlética Lucense lidera coa presenza de Emma Méndez e Sandra González, acompañadas por Lucía Taboada do 'Compos' e Judit Barros do +9 Moraña que se estrea en sub16 con forza

En Categoría masculina Eloy do NB Team mantense en sub23, mentres que Adrián Sesar, do Atletismo Pino lidera Sub20, acompañado de Diego Ferreira en sub18 e Pablo Barreiro en sub16

BIOSBARDO

LIDER ABSOLUTO FEMININO

CASTRO TRAIL

LIDER ABSOLUTO MASCULINO

SD COMPOSTELA

LÍDER PROMESA FEMININO

SEN FINALISTAS

PROMESA MASCULINO

RANKING POR CLUBS

5 probas no ano, 4 serie ouro + o campionato de Clubs

3 corredores en meta para categoría absoluta

3 corredores en meta para categoría promoción Serie Ouro

Podes variar a túa "plantilla" entre probas

Incorporas os puntos indiviuais

VERTICAL FEMININO

Mantense o liderato de Tamara García (CD Biosbardo), que xa retorna logo da súa lesión, seguida de preto por unha sólida Lucía Peón (Atl. Arenteiro) e no TOP 3 a nova Campioa Galega, María Frey (CD Biosbardo)

VERTICAL MASCULINO

Marcos Castro puxo a directa no Vertical, non só proclamándose campión galego senón tamén Líder do Ranking. Sígueo de preto Elpidio Gómez (Castro Trail), campión de España M50 e Darío Arias (A. Fisioterapia San Lázaro), subcampión galego.

Categorías Master

Un orguio a súa loita e entrega en cada proba: Rosa e Martín en M35; Bea e Marcos en M40, Lucía e Fico en M45, Pili e Elpidio en M55, Raquel e Monti en M55, MªJosé e Satur en M60, Araceli e Manu en M65 e Tomás en M75... ¡¡Enormes tod@s!!

NOVA PUBLICACIÓN O DÍA 10 DE OUTUBRO - RANKING MARATÓN E ULTRA..... ¡¡PROMETE EMOCIÓN!!

RANKINGS GALEGOS OFICIAIS

PINCHA no logo e descarga actualizado o ranking en pdf con tódolos resultados oficiais

AS MODALIDADES RANKEABLES

Descubre cómo funciona

Competicións

Segméntanse as competicións por modalidade. Vertical, Classic, Maratón ou ultra para Trail. Modalidades Subida "Uphill" e Subir-Baixar "Up&Down" para Carreiras de Montaña.

Puntos Scratch

Puntúas por entrada en meta (ver circular) e acumulas os mesmos puntos na clasificación absoluta e tamén na túa subcategoría, sempre dentro da modalidade desputada.

TOP

Estar nos postos altos do Ranking darache acceso á Selección Galega, probas, convocatorias e moitos máis beneficios.